Publicador de contidos
Publicador de contidos

Seis detidos nunha operación da Garda Civil aberta por roubos en Lugo e A Coruña

Seis detidos nunha operación da Garda Civil aberta por roubos en Lugo e A Coruña

Fontes policiais precisaron que a causa está baixo segredo de sumario

G24.gal 28/02/2024 18:13

Axentes da Garda Civil están a desenvolver este mércores unha operación policial, resultado dunha investigación aberta por roubos que foron perpetrados en diversas localidades das provincias de Lugo e A Coruña, no marco da cal foron detidas seis persoas mentres continúa aberta.

Fontes policiais precisaron que a causa está baixo segredo de sumario, de modo que non transcenderon máis datos. Na xornada deste mércores practicáronse diversos rexistros domiciliarios nas provincias de Lugo e da Coruña, e seis persoas foron detidas, aínda que non se desbota que ao peche da operación haxa máis arrestados.

Veciños dun dos inmobles en que se produciu un dos rexistros domiciliarios informaron dunha importante despregadura da Garda Civil, coa mobilización de numerosos axentes e vehículos policiais.

A investigación púxose en marcha hai varios meses para esclarecer varios roubos con forza nas cousas perpetrados en distintas localidades galegas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade