Publicador de contidos
Publicador de contidos

Lugo elimina a partir deste mércores os parquímetros da ORA

Lugo elimina a partir deste mércores os parquímetros da ORA

Levaban sen funcionar dende o ano 2015

G24.gal 29/06/2022 18:38

 O Goberno local de Lugo comezou este mércores a retirada dos parquímetros do sistema ORA das rúas da cidade, sen uso desde o ano 2015.

O obxectivo é avanzar nun modelo de mobilidade “peonil e accesible”, libre de barreiras que inclúe a creación dunha Zona de Baixas Emisións no centro histórico.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, precisou que esta decisión “obedece á necesidade de seguir avanzando na eliminación de barreiras que dificultan a mobilidade persoal e de mellorar a estética do conxunto da cidade, á vez que se evita un foco de confusión para os visitantes”, porque “descoñecen que, actualmente, esas máquinas non se atopan operativas”.

En total, serán retirados das rúas da cidade uns 60 parquímetros.

O sistema ORA quedou suspendido no verán de 2015.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade