Cargando resultados...
Lugo consolídase como referente dos concursos caninos en Galicia
Lugo consolídase como referente dos concursos caninos en Galicia
Acolle a 107 e 108 Exposición Nacional e 48 Internacional
G24.gal
20/01/2024 20:48
Última actualización 20/01/2024 22:20
Achegarse esta fin de semana ao Pazo de Feiras e Congresos de Lugo é pasear por un escaparate de razas caninas. No sei interior celébranse as Exposicións Nacional e Internacional. Tamén as probas de agility, selectivas para o campionato do mundo.
Moitos dos 2.000 animais inscritos veñen de fóra de Galicia, o que supón un importante revulsivo económico e turístico para a Cidade das Murallas.
Ademais de ser un atractivo para o público, os concursos convértense nun punto de encontro para criadores, que comparten experiencias e proxectos.
Segundo os amantes destes certames, máis ca un adestramento, o agility é un xeito de vida onde hai unha compenetración absoluta entre persoa e animal.