Publicador de contidos
Publicador de contidos

Lugo volve á normalidade despois dos estragos da treboada

Lugo volve á normalidade despois dos estragos da treboada

No HULA os corredores quedaron anegados e os sanitarios tiveron que achicar a auga

Félix Aragunde 05/06/2023 14:04 Última actualización 05/06/2023 19:33

Xornada de limpeza en Lugo, despois de que unha treboada provocara estragos en varias zonas da cidade. É o caso do barrio das Fontiñas, onde unha tromba inundou garaxes e baixos comerciais. En tan só 20 minutos, caeron 30 litros de auga por metro cadrado.

A corrente arrastrou coches e colectores e mesmo se formou unha fervenza no parque dos Paxariños. A auga foi dar ao paseo do Rato, onde caeu unha árbore e os hortos quedaron asolagados ao resbordar o río.

A tormenta tamén afectou a actividade en varios edificios públicos. Sobre todo no hospital Lucus Augusti, onde os corredores quedaron anegados e os sanitarios tiveron que achicar a auga como puideron.

David Vázquez, secretario comarcal de CIG Saúde en Lugo: "Nos cuartos non chegou a entrar a auga, grazas a que o persoal, e mesmo acompañantes de pacentes, estiveron achicando a auga toda a noite sen recibir ningún tipo de axuda".

A gran cantidade de auga acumulada, mesmo obrigou a cortar o tráfico na N-6 á altura do balneario lugués.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade