Cargando resultados...
Luis Cansino, 'Aida' e 'Roméo et Juliette' abren a Temporada Lírica na cidade da Coruña
Luis Cansino, 'Aida' e 'Roméo et Juliette' abren a Temporada Lírica na cidade da Coruña
Máis de 30 actividades nunha programación que se estenderá ata o 15 de decembro
A Asociación Amigos da Opera conmemorará o centenario de Victoria de los Ángeles e de María Callas
Aida, Roméo et Juliette, Il ritorno d'Ulisse in patria e Oca centran o programa operístico
G24.gal
12/09/2023 13:30
Un recital do barítono Luis Cansino no Teatro Rosalía abre a Temporada Lírica que durante tres meses desenvolverá un programa con máis de 30 actividades entre las que se inclúen homenaxes como a que tributará a Victoria de los Ángeles e a María Callas.
A primeira ópera representada da temporada será Aida o 14 de setembro. Conferencias, cinema, cursos ou o ciclo Lírica inclusiva conforman un programa que inclúe a estrea absoluta a obra Oca de Jun Durán.