Cargando resultados...
Planas agarda unha contención dos prezos dos alimentos no primeiro semestre de 2023
Planas agarda unha contención dos prezos dos alimentos no primeiro semestre de 2023
Os produtos de alimentación están entre os que máis subiron, nun contexto de elevada inflación
G24.gal
28/11/2022 15:19
O prezo dos alimentos preocupa no Goberno. Subiron un 15 por cento, á espera do dato da inflación que se coñecerá mañá. O ministro de Agricultura asegura que esta suba se debe ao incremento dos custos pola guerra de Ucraína, e confía en que os prezos se moderarán a principios de 2023.
"Estamos no 15,4, e a media europea é do 17,3, estamos no segmento central. A previsión é que agora, a final de ano, é un momento sempre de prezos altos porque hai un incremento do consumo. Debemos esperar que no primeiro semestre do ano que vén se produza unha contención e unha baixada progresiva", dixo Luis Planas.