Publicador de contidos
Publicador de contidos

Luis Planas pon en valor o mercado de proximidade e as producións locais

Luis Planas pon en valor o mercado de proximidade e as producións locais

O ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación destacou o valor engadido das producións locais e a estreita relación co consumidor

G24.gal 20/01/2024 16:39

O ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, visitou o mercado da praza de Lugo da Coruña. Durante a visita, Planas puxo en valor a importancia do mercado de proximidade polo valor engadido que achegan as producións locais e a estreita relación co consumidor. 

Grazas á súa visita, dende o Ministerio tiveron "a oportunidade de comprobar a calidade e variedade dos pescados e mariscos que se comercializan nela, mostra da riqueza dos alimentos de España".

O ministro estivo acompañado pola secretaria xeral de Pesca, Isabel Artime, e algunhas autoridades locais como o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, e a alcaldesa da Coruña, Inés Rey.

Tamén o acompañaron representantes da Federación Nacional de Confrarías de Pescadores, a Asociación de Armadores de Cerco de Galicia, a Asociación de Armadores de Buques Pesqueiros de Galicia e a Federación Galega de Pescadores.

Na mesma liña, a rexedora da Coruña, Inés Rey, tamén cualificou os mercados municipais como "piares fundamentais en termos socioeconómicos para a nosa sociedade".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade