Publicador de contidos
Publicador de contidos

Luis Rubiales: "Tiñamos moitas ganas de vir a Galicia"

Luis Rubiales: "Tiñamos moitas ganas de vir a Galicia"

O presidente da Federación Española de Fútbol amosou a súa ledicia pola disputa esta noite en Riazor do amigable entre España e Islandia

Destacou a boa acollida da afección galega ao combinado que dirixe Luis Enrique

A fase de ascenso a segunda división será a seguinte cita federativa na nosa comunidade

 

G24.gal 28/03/2022 22:16

O presidente da Federación Española de Fútbol, Luis Rubiales, xogou onte 'Ao contraataque' e valorou as sensacións da selección española de fútbol e a súa comitiva de cara ao partido amigable que disputarán en Riazor ante a selección de Islandia:

"Estamos encantados por vir a Galicia, moita xente esperándonos e moi boa acollida. Tiñamos moitas ganas de vir a Galicia. Desexando brindar unha magnífica vitoria a toda a afección. Vai haber unha grande entrada, preto do cheo. A Coruña é un sitio espectacular. Hai que deixar que o seleccionador faga o seu traballo. Non puido ser que houbese un xogador galego na citación. Iago Aspas, Brais Méndez ou Borja Iglesias e outros máis poderían estar na convocatoria. Son magníficos xogadores. Galicia vai acoller os playoffs de ascenso á Segunda División, onde pode haber varios equipos galegos. Aínda non sabemos cal será o terceiro estadio, queda tempo por diante. O importante é que imos estar en Galicia de novo!"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos