Luns de Pascua en Padrón, xornada de familia e tradicións
Luns de Pascua en Padrón, xornada de familia e tradicións
Os padroneses viven hoxe a súa festa máis local
A festa remata a vindeira fin de semana coa 'pascuíña'
A Pascua de Padrón está declarada de Interese Turístico de Galicia
Tras unha longa e multitudinaria noite de festa, a tranquilidade matinal marca a xornada festiva do luns de Pascua en Padrón.
No campo da festa as atraccións descansan, pero outros negocios como nas panaderías ou nas polbeiras a actividade non cesa desde primeira hora da mañá.
O luns de Pascua é por tradición o día que os padroneses gozan da súa festa de xeito máis familiar.
Por diante aínda quedan moitos días de festa que rematarán coa celebración da pascuíña a vindeira fin de semana.
Unha das grandes citas da primavera en Galicia que supoñen un gran revulsivo económico e turístico para esta vila.