Publicador de contidos
Publicador de contidos

O tren leva por diante un home de Padrón que horas antes atropelara un veciño por accidente

O tren leva por diante un home de Padrón que horas antes atropelara un veciño por accidente

Os veciños buscábano por toda a vila desde que ocorreu o sinistro

G24.gal 13/09/2024 20:16

Un home de 73 anos natural de Padrón, morreu este venres atropelado por un tren cando cruzaba a vía por un lugar non autorizado. 

Dáse a circunstancia de que este home atropelara de mañá co seu tractor un veciño co que adoitaba traballar. Foi un accidente.

O ferido tivo que ser trasladado en helicóptero medicalizado ao hospital e o seu estado semellaba grave.

Dende que ocorreu o sinistro, nada se soubo do condutor do tractor. O home abandonou o lugar e os veciños, a policía e a garda civil buscárono pola aldea sen éxito.

Despois, sobre as catro da tarde, chegou a fatal noticia do seu atropelo. 

O veciño co que adoitaba traballar está fóra de perigo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar