Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre un home en Esgos tras caer do teito dunha nave

Morre un home en Esgos tras caer do teito dunha nave

Un particular avisou a Emerxencias do accidente tras ver cómo caía o home de 67 anos

Helicóptero 061 urxencias sanitarias /Arquivo Helicóptero 061 urxencias sanitarias /Arquivo
G24.gal 09/11/2024 20:12

Unha persoa faleceu este sábado tras caer desde un tellado situado a catro metros de altura na localidade ourensá de Esgos. O suceso ocorreu dez minutos despois das 17:00 horas, momento en que unha persoa particular contactou co 112 Galicia para pedir asistencia sanitaria para auxiliar á vítima, que se caeu desde o teito dunha nave.

Os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Ourense.

Tamén se avisou ao GES do Pereiro de Aguiar, á Garda Civil e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Esgos. Os equipos de emerxencias só puideron certificar o falecemento do home.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade