Publicador de contidos
Publicador de contidos

Vandalizan a área recreativa do miradoiro do canón do Ulla, en Padrón

Vandalizan a área recreativa do miradoiro do canón do Ulla, en Padrón

A Comunidade de Montes do Lapido pide colaboración cidadá para tentar dar cos responsables

Calculan que os danos poden chegar os 12.000 euros

A presidenta da comunidade de montes revisa os danos no miradoiro
G24.gal 18/09/2024 14:31

Aínda non se explican quen, como, nin o porqué da enorme desfeita. Os comuneiros de Lapido só saben que non queda nada en pé na área recreativa do miradoiro de Carcacía. 

"Hai que renovar toda a valla" explica Ana Castro, presidenta da comunidade de montes. "Había 3 mesas, 2 bancos, un panel informativo, e esnaquizaron todo iso", engade. Aclara que "non levaron nada" e cre que "simplemente foi vandalismo".

É un miradoiro natural os canóns do Ulla, e onde antes había un vertedoiro ilegal. A comunidade de montes rehabilitou esta área hai uns anos, e poden presumir de convertela nunha atracción turística destacada no concello de Padrón. 

"Hai unhas vistas espectaculares, e para moita xente", di Castro. Confírmao Marisol, veciña de Carcacía, espantada polo alcance da desfeita. "Tiveron que traballar ben, e agocharse dos coches para que non os viran", opina.

E de momento parece que ninguén viu nada. A Garda Civil investiga os feitos, e os comuneiros piden colaboración para ver se dan con algunha pista. Mentres, van recuperándose do mal trago e facendo contas para xuntar os 12.000 euros que calculan que pode custar reparar os danos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade