Publicador de contidos
Publicador de contidos

Luxo, tecnoloxía e sostibilidade no trasatlántico cun camareiro humanoide que visita Vigo

Luxo, tecnoloxía e sostibilidade no trasatlántico cun camareiro humanoide que visita Vigo

 Tres mil pasaxeiros chegan á cidade na escala inaugural do MSC Virtuosa

G24.gal 11/05/2022 21:06 Última actualización 11/05/2022 21:26

Nova escala inaugural dun transatlántico no porto de Vigo, nesta ocasión, un dos máis innovadores do mundo con luxos e sorpresas para a pasaxe.

Porque entramos no centro comercial flotante máis grande do mundo, pisando forte nos chanzos con cristais de Svarovski do MSC Virtuosa polos que accedemos á galería de máis dun cento de metros baixo a cúpula LED máis longa do mundo sobre o mar con varios espectáculos ao día.

Nun só espazo podemos mercar a bordo o que se nos ocorra... ou visitar a galería de arte con obras de Warhol e Liechtenstein, comer algo nos seus restaurantes ou deixarnos recomendar por Rob, o camareiro. Benvidos ao futuro.

O robot camareiro do MSC Virtuosa está algo nervioso porque se decata de que hai moita xente no bar e está preocupado por ser o suficientemente encantador, mentres mestura ingredientes galácticos en exclusiva para os pasaxeiros.

Luxo, futuro e tecnoloxía encontramos nos 16 niveis do barco de 331 metros de eslora de que gozan decote desta volta tres mil pasaxeiros, a metade da capacidade. Once días a bordo entre Inglaterra, As Canarias e Portugal. Este turismo parece non ser xa elitista, como nos comenta a responsable de comunicación de MSC Cruceros Sofía Basterra.

"Estamos falando duna media dun cento, cento dez euros por persoa e día, incluídas todas as comidas".

Ademais, a navieira italo-suíza aposta pola sostibilidade neste buque con sistema para diminuír as emisións de xofre e dióxido de carbono.

"É moi sostible por unha serie de avances que ten: pódese conectar á terra, ten «scrubbers». Ten unha tecnoloxía fóra de serie". 

O buque volverá a Vigo varias veces este verán e fará a súa escala inaugural na Coruña o 22 de xuño. Pero hoxe tocou intercambiar métopas en Vigo, tradición cando un barco atraca por vez primeira nun porto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade