Luz verde á construción da residencia de maiores Amancio Ortega
Luz verde á construción da residencia de maiores Amancio Ortega
A Xunta logra desbloquear o proxecto ao conseguir o apoio dos socialistas
Terá 120 novas prazas públicas e creará 110 postos de traballo
Ourense, a única das sete cidades galegas onde estaba no aire a contrución da residencia de maiores financiada pola Fundación Amancio Ortega, ten xa luz verde . A Xunta logra desbloquear o proxecto ao conseguir o apoio dos socialistas.
Este venres o asunto irá por cuarta vez a pleno e votarase por terceira vez cun atraso de seis meses, pero desta vez sairá adiante. O Partido Socialista rectifica e avanza que votará a favor.
A Xunta introduciu no proxecto a creación dunha zona verde a carón da residencia e a mellora dos accesos. Unha nova residencia financiada pola Fundación Amancio Ortega con 12 millóns de euros que a Xunta integrará na súa rede pública.
Terá capacidade para 120 novas prazas públicas e creará 110 postos de traballo.