Publicador de contidos

Publicador de contidos

Máis de 1.900 persoas participan na Coruña nas oposicións para a Administración do Estado

Máis de 1.900 persoas participan na Coruña nas oposicións para a Administración do Estado

En toda España hai convocadas 6.239 prazas

G24.gal 06/11/2021 11:09 Última actualización 13:50

As facultades de Informática e Economía e a Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos da Coruña acollen este sábado unhas probas dos procesos selectivos para a Administración Xeral do Estado con máis de 1.922 aspirantes.

Son as únicas sedes galegas onde se desenvolven estes exames, supervisados pola subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas.

"Son nove probas que servirán para captar o talento que necesitamos e que, sen dúbida, temos dabondo en Galicia", asegurou.

En total, na Comunidade galega hai 1.922 aspirantes -134 da cota de persoas con discapacidade e 1.778 da cota xeral- para acceder a unhas 6.239 prazas que hai convocadas en toda España. De todas elas, 1.521 son de ingreso libre; 4.305 de promoción interna; e 431 para estabilización de emprego temporal.

"Son para o corpo de xestión, o de administración e o de auxiliares, polo que toca todas as escalas da Administración. O compromiso do Goberno está, como demostramos, en todos os sectores da Administración", detallou a subdelegada.

Segundo destacou, os nove procesos selectivos están "enmarcados no compromiso do Goberno co emprego público", xa que "é a maior oferta ordinaria da historia". Non en balde, María Rivas explicou que o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia inclúe un "importante" capítulo de modernización da Administración a través de 4.315 millóns de euros.

"Avanzamos na estabilización do emprego público e reducimos as taxas de temporalidade. Rexuvenecemos os persoais e continuamos no noso camiño cara á recuperación económica", concluíu a subdelegada.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade