Publicador de contidos
Publicador de contidos

Máis de 400 axentes de policía vixiarán para garantir a seguridade nas Festas do Apóstolo

Máis de 400 axentes de policía vixiarán para garantir a seguridade nas Festas do Apóstolo

Entre eles, cinco policías procedentes de Italia, Francia e Alemaña

G24.gal 21/07/2023 13:51

400 axentes da policía vixían estes días as rúas de Compostela para garantir a seguridade das Festas do Apóstolo. Entre eles, 5 axentes procedentes de Italia, Francia e Alemaña, dentro do programa Comisarías Europeas, que facilitan a interacción cos turistas deses países. Desde o corpo lembran tamén as medidas de seguridade que cada un debe ter en conta nas aglomeracións e nas vacacións, para evitar ser vítimas dos delincuentes.

Santiago, especialmente a zona vella, é estes dias un fervedoiro de turistas e peregrinos. Comezan ademais as Festas do Apóstolo e a cidade recibe milleiros de visitantes. Para garantir a seguridade de todos, discretamente, case en cada recuncho hai axentes da Policia Nacional. Entre eles, cinco policías procedentes de Italia, Francia e Alemaña. A súa misión, dentro do programa Comisarías Europeas, é facilitar a interacción cos turistas sen a barreira do idioma.

A pesar da presenza policial, desde o corpo lémbrannos unha serie de recomendacións a ter en conta para evitar sermos vítimas dalgún delito, especialmente nas aglomeracións, bares, estacións, aeroportos e entradas de hoteis. O voceiro da comisaría de Santiago, o inspector César Ramos, lembra a importancia de non levar os bolsos ou mochilas ás costas, non deixalos apoiados en cadeiras nos bares e vixialos sempre.

Importante tamén tomar precaucións nas reservas dos aloxamentos para evitar calotes e facelo a través de páxinas seguras.

É aconsellable non dar información en redes sociais sobre se estamos de vacacións ou en que datas.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar