Mañá cúmprese un ano da chegada de 'Rocky' Coudet ao Celta
Mañá cúmprese un ano da chegada de 'Rocky' Coudet ao Celta
No Celta fan balance da era 'Chacho'
Será o adestrador do centenario se os resultados acompañan
Ao igual que en 2002, Coudet atravesou a porta de chegada do aeroporto de Peinador para solucionar un problema. Daquela fora a marcha de Karpin. Nesta pra arrancar un proxecto que non funcionaba. O Celta de Óscar marchaba antepenúltimo cunha vitoria en nove xornadas.
Coudet apostou por un equipo agresivo e encaixouno nunha estrutura 4-1-3-2. A metamorfose do Celta foi total. Gañou catro dos seus primeiros cinco partidos, o celtismo subiuse á Chachoneta e acabou a liga na oitava posición. Días de viño e rosas que lle valeron a renovación ata xuño de 2024.
Pero esta temporada chegraron as dúbidas, porque o Celta asinou un dos seus peores inicios históricos, con cinco derrotas en Balaídos nas primeiras seis tiradas. Coudet mantívose firme, na carreira. Respondeu con confianza a recordou os números da temporada pasada. Porque Coudet é un tipo peleón, un enorme motivador. E valente, capaz de poñer a cara ata para arranxar os problemas co alcalde.
Porque Coudet está afeito aos golpes do fútbol e da vida. Sabe que isto vai de dar e recibir. E el vai, peito arriba, confiado en que, como Rocky, sexa el quen levante os brazos ao final da película.