Macrooperación en Portugal contra o tráfico de persoas e o marisqueo furtivo
Macrooperación en Portugal contra o tráfico de persoas e o marisqueo furtivo
Investigan o uso de inmigrantes en situación irregular para a extracción ilegal de bivalbos
A organización criminal tiña 243 inmigrantes vivindo nun almacén
Distintos corpos de seguridade portugueses, acompañados polo servizo de estranxeiría, entraron nun almacén da localidade de Setúbal, onde moraban 243 imigrantes en pésimas condicións de habitabilidade.
Agora están a ser trasladados a hospitais de campaña provisionais, onde son atendidos e onde tentarán identificalos para esclarecer a súa situación en Portugal.
Sospéitase que chegarían ao país de man dunha organización que practica a pesca furtiva de bivalbos, seguida de preto polos servizos de intelixencia e a Policía Marítima.
Este mércores completáronse ata 30 rexistros en distintas instalacións, nos que se incautaron de marisco, e foron detidos catro presuntos responsables da organización.
Malia que comezou coma un caso de furtivismo, agora estúdase a relación co tráfico de persoas, un delito que se disparou no ano pasado, con máis de 350 vítimas en todo Portugal.