Publicador de contidos
Publicador de contidos

Madrid e Murcia, a menos de tres horas coa nova liña de AVE

Madrid e Murcia, a menos de tres horas coa nova liña de AVE

O rei Filipe e o presidente do Goberno asistiron á viaxe inaugural

España suma con este novo treito 4.000 quilómetros de alta velocidade

G24.gal 19/12/2022 17:34 Última actualización 19/12/2022 17:48

Madrid e Murcia xa están a menos de tres horas coa nova liña de alta velocidade. Os primeiros en facer este percorrido foron o rei Filipe VI e o presidente do Goberno.

A liña ferroviaria comeza mañá a operar para o público con oito traxectos diarios. Con motivo da súa inauguración puxéronse á venda 30.000 billetes a 19 euros.

Os trens sairán das estacións de Chamartín e Puerta de Atocha. 

 "Hoxe poñémoslle fin a un illamento ferroviario inxustamente prorrogado e liquidamos unha débeda histórica coa comunidade de Murcia. A nosa rede de alta velocidade xa supera os 4.000 quilómetros de extensión", di Pedro Sánchez, presidente do Goberno.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade