Maio deixa o peor dato de autónomos da última década
Maio deixa o peor dato de autónomos da última década
En 12 comunidades autónomas do total das 17 hai hoxe menos traballadores por conta propia que hai un ano
No sector do comercio hai 2,5 por cento autónomos menos. Tamén caen os autónomos na industria, o un e medio por cento
Os seis principais sectores de actividade sofren a perda de autónomos. Afecta á industria, onde a afiliación cae nun un e medio por cento e tamén á agricultura, pero sobre todo ao comercio, que non consegue sobrevivir.
É o sector máis castigado, cunha perda de máis de 20.000 afiliados durante o último ano.
Tan só 5 comunidades autónomas rexistran un crecemento de afiliados, as 12 restantes teñen menos traballadores por conta propia que hai un ano.
En maio rexistráronse algo máis de 9.500 afiliados novos, o que suma un total de máis de 3.400.000 autónomos, é o menor crecemento intermensual da última década.