Publicador de contidos
Publicador de contidos

Máis de 100 millóns de persoas refuxiadas, unha cifra nunca vista

Máis de 100 millóns de persoas refuxiadas, unha cifra nunca vista

O número de persoas desprazadas no mundo era duns 90 millóns a finais de 2021, aos que se suman en tres meses 14 millóns de ucraínos, segundo ACNUR

A guerra de Putin obrigou a abandonar o país a 14 millóns de persoas en Ucraína este ano A guerra de Putin obrigou a abandonar o país a 14 millóns de persoas en Ucraína este ano
G24.gal 23/05/2022 08:14

En todo o planeta hai xa máis de 100 millóns de persoas que tiveron que abandonar o seu fogar forzadas por adversidades. Só a guerra de Putin en Ucraína sumou 14 millóns, entre expatriados e desprazados internos, nos últimos tres meses.

É unha cifra que supera todas as marcas, sobre a que sinalou o alto comisionado da ONU para os refuxiados Filippo Grandi que nunca debera alcanzarse. Engadiu que este fito debe ser unha chamada de atención para acabar cos conflitos, as persecucións e atender as causas que forzan a xente inocente a fuxir da súa patria e da súa casa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade