Publicador de contidos
Publicador de contidos

Máis de 11.200 rapaces participaron este verán nos campamentos da Xunta

Máis de 11.200 rapaces participaron este verán nos campamentos da Xunta

O presidente Alfonso Rueda visitou este martes o que se organiza en Covelo

G24.gal 29/08/2023 17:19 Última actualización 29/08/2023 18:04

Máis de 11.200 rapaces e rapazas participaron este verán nos campamentos da Xunta, cubrindo case o 100% das prazas ofertadas. O presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, destaca que Galicia é a comunidade "que máis prazas" pon da disposición das familias para conciliar nos meses de xullo e agosto. 

Rueda fixo estas declaracións nunha visita ao minicampamento que organiza a Xunta no concello pontevedrés de Covelo dentro do programa Coñece Galicia, que son estadías de cinco días para axudar as familias a conciliar, pero que teñen tamén como obxectivo darlles a coñecer a rapaces de entre 10 e 14 anos a Galicia interior e apoiar os establecementos turísticos, porque quedan en casas rurais e hoteis.

"Este ano volvemos superar o récord de prazas ofertadas, cun 4% máis que o verán pasado, cunha ocupación de case o 100%, o que quere dicir que as cousas se fixeron ben. O investimento de máis de 4 millóns de euros que fai a Xunta nesta medida paga a pena", afirmou Rueda.

Os minicampamentos rematan esta semana e a vindeira os campamentos de máis días.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade