Publicador de contidos
Publicador de contidos

Máis de trinta barcos do cerco descargan máis de 100.000 quilos de bocarte na Coruña

Máis de trinta barcos do cerco descargan máis de 100.000 quilos de bocarte na Coruña

De noite atoparon un gran banco de bocarte fronte ás costas de Ferrol

G24.gal 09/07/2024 14:16

O porto da Coruña amosaba hoxe unha imaxe non habitual. Máis de 30 barcos do cerco de toda Galicia colapsaron a lonxa. De noite, atoparon un gran banco de bocarte fronte ás costas de Ferrol e amoreábanse no peirao coruñés para descargar.

Os primeiros arrimáronse á lonxa. Os outros esperaban no medio da dársena. Saían uns e entraban outros para descargar. Atoparon ese gran banco de bocarte ao oeste da costa de Ferrol. Moitos barcos que andan á sardiña cambiaron o rumbo e foron coller o bocarte. Todos colleron o tope máximo permitido por día.

Á lonxa da Coruña chegaron hoxe máis de cen mil quilos de bocarte. Despois da descarga, os barcos amoreábanse na outra beira da dársena para coller xeo. Á noitiña volverán saír ao mar na busca doutro gran banco de peixe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade