Máis de 300 relixiosos de 60 países reúnense en Roma para preparar o próximo xubileu
Máis de 300 relixiosos de 60 países reúnense en Roma para preparar o próximo xubileu
Esta tarde está previsto que participen nunha misa presidida polo papa Francisco
A Igrexa católica dedica este 2 de febreiro ás persoas consagradas á vida relixiosa. No Vaticano organizan un encontro mundial, ao que asisten representantes de ata 60 países. Son máis de 300 persoas as que asisten a este encontro e esta tarde está previsto que participen nunha misa presidida polo papa Francisco.
Ao longo destes días prepararán o próximo xubileu de Roma cuxo tema é a esperanza e a paz e comezará a finais de ano. Moitos deles son de congregacións relixiosas misioneiras ou que están en terras de conflito e por iso intercambiarán experiencias como as que xa se desenvolven en Roma.
Os franciscanos que viven en Israel conseguiron convencer as autoridades locais para evacuar varios nenos palestinos feridos para que foran tratados en hospitais italianos. O primeiro grupo chegou esta semana e algúns dos pequenos xa están no hospital pediátrico do Vaticano, o Bambino Gesù.