Morren 41 migrantes nun novo naufraxio fronte á illa italiana de Lampedusa
Morren 41 migrantes nun novo naufraxio fronte á illa italiana de Lampedusa
A nave envorcou debido a unha grande onda e as 41 vítimas, entre elas tres nenos, caeron ao mar
Un total de 41 persoas morreron nun novo naufraxio rexistrado nas últimas horas fronte á illa italiana de Lampedusa, no sur de Italia, segundo os testemuños de catro sobreviventes que foron rescatados por unha patrulleira da Garda Costeira.
Os catro sobreviventes, tres homes e unha muller orixinarios de Costa do Marfil e Guinea Conakry rescatados, que se atopan en estado de shock, explicaron ás autoridades que a embarcación saíra de Tunisia e que tras unhas seis horas de navegación a nave envorcou debido a unha grande onda e as 41 vítimas, entre elas tres nenos, caeron ao mar.
Só 15 dos migrantes, que viaxaban nunha precaria embarcación metálica, levaban chalecos salvavidas, pero afogaron igualmente, segundo contaron os sobreviventes aos servizos sociais e os mediadores da Organización Internacional das Migracións (OIM) que traballan habitualmente na illa, o territorio italiano máis próximo a África.
Os desembarcos seguen en Lampedusa, onden teñen un centro de acollida con capacidade para 300 persoas, no que hai máis de 1.500.