Publicador de contidos
Publicador de contidos

Máis de 600 mulleres do rural reclaman un futuro en igualdade

Máis de 600 mulleres do rural reclaman un futuro en igualdade

Santiago acolle unhas xornadas organizadas pola Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia

G24.gal 29/10/2022 13:10

Máis de 600 mulleres do rural xuntáronse este sábado no Pazo de Congresos de Santiago para conmemorar o seu día e tamén para reclamar melloras pendentes. Piden un rural de futuro, con oportunidades e en igualdade.

A este encontro, organizado pola Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia (Fademur), acudiron representantes institucionais, líderes sindicais, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso.

A principal reivindicación do colectivo é que a vida no rural non leve aparellado un maior número de dificultades e consiga equipararse á das cidades ou vilas máis grandes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar