Máis de 70 farmacéuticos inspectores de Saúde Pública supervisan as zonas de baño en Galicia
Máis de 70 farmacéuticos inspectores de Saúde Pública supervisan as zonas de baño en Galicia
Analizan a presenza de calquera tipo de vertedura ou substancia contaminante que poida prexudicar a saúde dos usuarios
Son máis de setenta farmacéuticos inspectores de Saúde Pública con funcións como analizar a calidade da auga para consumo humano ou a presenza de lexionela, e que no verán teñen entre os seus principais cometidos garantir que as zonas de baño, tanto marítimas como fluviais, sexan óptimas.
Cada zona de baño en Galicia ten unhas nove inspeccións cada ano: unha preliminar en maio, e dous por mes de xuño a setembro. Medusas, E. coli, enterococcus, plásticos. Nada escapa a estes inspectores, que traballan para que gocemos da máxima salubridade nas praias.
Se hai algún regato que achega auga doce, os farmacéuticos inspectores tamén comproban que non estea contaminado. Unha información que unida á das analíticas, está accesible a todos os cidadáns. Todo rexistrado a accesible para a consulta do público no apartado de praias da web do Sergas.