Máis de 7.000 baixos comerciais en desuso poderán reconverterse en vivendas
Máis de 7.000 baixos comerciais en desuso poderán reconverterse en vivendas
O decreto aprobado pola Xunta modifica as normas de habitabilidade de Galicia.
Uns 2.000 locais comerciais cumpren as condicións para alugarse como casa sen necesidade de reforma.
O goberno galego comezará a semana próxima unha rolda de contactos por provinciais cos concellos, o sector inmobiliario e o da construción co obxectivo de dar a coñecer os detalles do regulamento, que entrará en vigor en outubro.
As inmobiliarias galegas dispoñen duns dous mil baixos comerciais sen uso que poden converterse en vivendas tras a modificación das normas de habitabilidade aprobada pola Xunta. Hai outros cinco mil locais que precisarían reformas.
O que pretendemos é ter un dobre uso, non queremos apartar o comercio pero os baixos comerciais e as entreplantas que xa non teñen unha visión de volver a ese uso que poidan converterse en vivenda. Aínda que non sexa a solución definitiva ao problema dos alugueiros e da vivenda, si é un paso máis xunto a outros que ten posto en marcha a Xunta, di a vicepresidenta segunda da Xunta, Ángeles Vázquez.
O local destinado a vivenda deberá ter como mínimo: corenta metros cadrados de superficie útil, unha altura de dous metros e medio e dispor de luz natural.
A vicepresidenta segunda, Ánxeles Vázquez, adiantou que inicia unha rolda de contactos co sector inmobiliario, da construción e cos concellos para dar a coñecer os detalles da norma xa a próxima semana.
O decreto que facilita reconverter os locais comercias en vivendas entrará en vigor en outubro.