Publicador de contidos
Publicador de contidos

Máis de 3.000 alcaldes do PP asinan un manifesto a prol da igualdade

Máis de 3.000 alcaldes do PP asinan un manifesto a prol da igualdade

Cuca Gamarra cualificou a lei de amnistía como "absoluto exercicio de corrupción política"

A sinatura do manifesto é un prólogo da manifestación que o PP celebra este domingo en Madrid

G24.gal 27/01/2024 14:16 Última actualización 27/01/2024 15:04

O Partido Popular multiplicouse este sábado en distintos puntos do Estado para que os máis de 3 000 rexedores municipais asinaran o manifesto a prol da igualdade. Nese texto sosteñen que o Goberno relega o interese xeral ante "as esixencias" dos independentistas e claman unha vez máis contra a amnistía.

"Estamos nestes momentos, cando vemos a tramitación la lei de amnistía, ante un absoluto exercicio de corrupción política. Estamos vendo como se quere aprobar unha lei única e exclusivamente porque é o pago a uns señores a cambio do voto que deron para que Pedro Sánchez sexa presidente do Goberno de España", sinalou a secretaria xeral do PP, Cuca Gamarra, nun deses actos, concretamente en Logroño.

Varios dirixentes do PP insistiron hoxe en que "non hai un terrorismo bo e outro malo". No manifesto piden tamén colaboración para evitar que a "acción executiva, lexislativa e xudicial se poña ao "ditado dos partidos independentistas".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade