Publicador de contidos
Publicador de contidos

Malestar entre os vendedores do mercado municipal de Pontedeume por non ter zona de carga e descarga

Malestar entre os vendedores do mercado municipal de Pontedeume por non ter zona de carga e descarga

Están obrigados a ofrecer o servizo de repartimento a domicilio, pero quéixanse por non ter unha zona sinalizada

G24.gal 15/05/2024 13:45

Os clientes do mercado municipal de Pontedeume adoitan atopar sitio na zona azul da contorna. "Si, porque a zona azul funciona moi ben. Sempre hai sitio porque hai moita rotación".

Porén, os vendedores non o teñen tan doado. "Aquí nunca hai sitio. Temos que ir aparcar ao peirao ou buscarnos a vida". "Ás veces xa os deixamos en dobre fila porque é imposible aparcar no mercado" "A zona de carga e descarga é moi necesaria para que nós poidamos facer o noso traballo".

Porque, segundo contan, nos contratos dos seus postos aparece por escrito que teñen a obriga de ofrecer o servizo de repartimento a domicilio. Pero quéixanse de que, hoxe, a zona de carga e descarga que hai non é suficiente nin a máis axeitada.

"Levamos tres anos reclamando unha zona de carga e descarga... e seguimos igual". "Pedimos unha zona sinalizada para nós, pero no lateral do mercado porque o acceso é case directo". "A min se me piden un xamón para levar a unha casa, por exemplo, pois necesito ter un sitio para poder cargalo".

Nestes tres anos que leva o mercado aberto tras as obras de remodelación si conseguiron amañar o problema que tiñan coa subministración eléctrica.

"É que antes tiñamos luz de obra, pero agora xa temos todos os nosos contadores". "Eu pago xa as miñas facturas e así estou máis tranquila".

Así que agora confían en poder resolver tamén o problema que teñen ao non contar cunha zona sinalizada para cargar e descargar as súas mercadorías.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar