Publicador de contidos
Publicador de contidos

Malia os prezos, o marisco e o peixe serán protagonistas nas ceas de Noiteboa

Malia os prezos, o marisco e o peixe serán protagonistas nas ceas de Noiteboa

Os camaróns e os percebes superaron os douscentos euros o quilo

G24.gal 24/12/2022 14:19 Última actualización 24/12/2022 14:53

Este ano houbo moita xente que apurou para mercar e conxelar o peixe e o marisco que servirá á noite. As peixeiras aseguran que as vendas para a Noiteboa comezaron xa cara o final do verán. No outro extremo están os que prefiren agardar para poñer na mesa o produto máis fresco, aínda que iso signifique engrosar a factura. 

Camaróns e percebes chegaron a pagarse a máis de douscentos euros o quilo, aínda que o prezo dos máis pequenos baixou dos cen. En xeral, todo o marisco foi máis caro que hai unha semana. A centola subiu sobre dez euros. A nécora grande vendeuse a cento dez.

E co peixe, a mesma tendencia. Os temporais no mar non axudaron a estancar os prezos, que son similares aos do Nadal pasado. O ambiente rebuldeiro, igual co das festas anteriores á pandemia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar