Publicador de contidos
Publicador de contidos

A matriculación dos pequenos nas escolas infantís da Xunta comeza este mércores

A matriculación dos pequenos nas escolas infantís da Xunta comeza este mércores

Rueda destaca que a gratuidade das garderías suporá un aforro anual para as familias de ata 2.000 euros

G24.gal 31/05/2022 14:24

Este martes publícase a listaxe definitiva de admitidos nas escolas infantís da Xunta para o próximo curso, o primeiro gratis para as familias galegas tanto en centros públicos como privados.

O presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, destaca a importancia desta medida para axudar á conciliación nun momento de suba de prezos. Durante unha visita á escola infantil autonómica de Campolongo, en Pontevedra, Rueda reivindicou que a partir de setembro a nosa comunidade será a primeira de España coa educación infantil gratis.

A Xunta dedica 50 millóns de euros a esta medida, que beneficiará 30.000 familias. O presidente destaca que suporá un aforro para os fogares de entre 1.500 e 2.000 euros por neno cada ano.

"A xente pídenos, e máis agora coas cifras de inflación tan preocupantes que estamos coñecendo, que lles botemos unha man desde as administracións, e que as administracións tiren dos seus orzamentos para que as familias non teñan que seguir tirando do seus petos. E eu creo que unha administración saneada como a Xunta pode dar este paso", afirmou Rueda.

Nas escolas da Xunta foron admitidos para o próximo curso 8.000 nenos e nenas. As familias teñen dende mañá ata o dez de xuño para facer a matriculación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade