Mañá de cancelacións en Alvedro
Mañá de cancelacións en Alvedro
A néboa impediu a aterraxe de dous avións e a engalaxe doutro, todos foron desviados a Santiago
A néboa coa que amenceu está mañá de mércores a cidade da Coruña foi a causante, unha vez máis, de problemas de engalaxe e aterraxe de avións no aeroporto de Alvedro. En total víronse afectados 3. Dous deles, procedentes de Madrid e Barcelona, foron desviados para aterrar a Santiago. O terceiro era un avión con destino Barcelona que tiña que despegar ás 10:30. Ás 12 da mañá os pasaxeiros aínda estaban agardando na terminal para ser trasladados en autobús á Lavacolla.
"O enlace a Roma xa o perdemos".
"Moi enfadado, moi enfadado pero como non pode facer outra cousa lévoo na procesión pero non hai dereito, a verdade".
"Xa ía que non me tocaba unha de agardar e que nos mandaran a Santiago".
Quen máis quen menos, todos tiñan plans.
"Temos un congreso en Barcelona que xa non imos chegar".
"Eu vou por traballo teño unha conferencia que dar e que non sei se vou chegar e a verdade que falta de información absoluta todo o tempo".
Diso queixábanse todos os pasaxeiros.
"O problema foi a falta de información durante toda a mañá e en todo momento soubémolo polo resto de pasaxeiros".
Obrigáronos a pasar varias veces polos controis.
"Pasamos dúas veces o control de equipaxes, recollemos dúas veces as equipaxes e agora estamos facendo cola aquí para coller un autobús para que nos leve a Santiago e supoño que chegaremos a Barcelona hoxe".
"Eu pasei o embarque xa tres veces porque nos dixeron que saía, que viña dende Santiago directamente para aquí, temas meteorolóxicos coma sempre".
Ao mediodía a néboa aínda persistía, pero as condicións de visibilidade eran mellores, polo que o aeroporto foi recuperando a normalidade.