Unhas 2.000 persoas maniféstanse en Ourense para denunciar a situación da cidade
Unhas 2.000 persoas maniféstanse en Ourense para denunciar a situación da cidade
Convocada pola plataforma SOS Ourense para protestar pola situación de abandono que, din, vive a cidade
Centos de persoas saíron á rúa esta tarde en Ourense nunha manifestación que se realizou fronte á Delegación do Goberno. Convocados pola plataforma SOS Ourense, protestan pola situación de abandono que, din, vive a cidade.
A plataforma aglutina máis de medio cento de colectivos sociais, culturais ou veciñais. A marcha pasou tamén pola sede da Deputación provincial.
Tras unha hora, aproximadamente, a cabeza da manifestación chegou á Praza Maior, onde se leu un manifesto en que se amosaron os problemas da cidade en asuntos como a economía ou a cultura.
Explican que a súa reivindicación non está politizada e que só reclaman máis inversión pública e melloras para a cidade.