Manifestación para pedir a eliminación da caza con animais
Manifestación para pedir a eliminación da caza con animais
A plataforma NAC convocou esta marcha para promover e concienciar sobre a fin da caza, en especial a que se fai con animais
Os cans de caza, galgos e podengos, son, segundo os colectivos animalistas, os máis castigados cando remata a súa vida útil
Piden a fin das granxas ilegais e que a lei de protección animal teña en conta o maltrato que sofren
Centos de persoas manifestáronse este mediodía en Vigo para promover e concienciar sobre a fin da caza, en particular da caza con animais.
Foi unha marcha convocada pola Plataforma NAC para denunciar o maltrato e esixir a eliminación da caza con galgos e podengos, unha das razas, segundo as protectoras e tamén outros colectivos animalistas, máis castigadas cando remata a súa vida útil.
Piden a fin dos criadeiros ilegais e incluír na lei de protección e benestar animal que se exclúan da caza para evitar o rendemento económico de moitas empresas do sector cinexético. A marcha realizouse de maneira simultánea noutras 45 cidades españolas.