Publicador de contidos
Publicador de contidos

Manifestación dos bombeiros para esixir unha lei que regule a súa profesión

Manifestación dos bombeiros para esixir unha lei que regule a súa profesión

Piden que se desbloquee a norma que permitiría coordinar todos os servizos de extinción de incencios, que leva dous anos parada

G24.gal 16/05/2023 19:16 Última actualización 16/05/2023 19:23

Os bombeiros manifestáronse esta tarde en Madrid para esixir unha lei estatal que regule a súa profesión. 

A marcha convocouna a asociación máis representativa que agrupa os bombeiros públicos de todas as administracións, incluídos os dos aeroportos.

Piden que se desbloquee a lei que permitiría coordinar todos os servizos de extinción de incendios, e que leva máis de dous anos atascada na tramitación parlamentaria.

Os convocantes culpan os partidos nacionalistas vascos e cataláns da paralización, que se opoñen, din, porque entenden que se invaden as súas competencias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade