Cargando resultados...
Manifestación en Vigo contra a nova vía de alta capacidade de Beade
Rexeitan a infraestrutura que, consideran, afectará o patrimonio ambiental da zona
G24.gal
09/01/2022 19:06
Centos de persoas, residentes no rural vigués, saíron á rúa para amosar a súa desconformidade coa futura vía que se construirá en Beade no novo plan xeral.
Integrantes da plataforma de afectados, que aglutina xente das parroquias de Beade, Bembrive, Matamá, Castrelos e Sárdoma, manifestáronse polas rúas céntricas e comerciais do centro da cidade baixo o lema "Menos vía e máis rural".
Consideran que a infraestrutura suporá a expropiación dunha decena de vivendas e afectará o patrimonio ambiental da zona. Durante a protesta, tamén recolleron sinaturas para presentar alegacións no concello.