Publicador de contidos
Publicador de contidos

En Ourense apostan por manter viva a tradición dos beléns

En Ourense apostan por manter viva a tradición dos beléns

O ourensán Emilio Cid leva anos creando nacementos onde as escenas bíblicas conviven coas tradicións e os monumentos galegos

Recreación da igrexa de San Pedro de Moreiras, en Toén
G24.gal 25/12/2023 20:56 Última actualización 25/12/2023 22:01

É unha das últimas incorporacións ao famoso Belén de Milo que este ano se exhibe no concello de Toén.

Dende as vidreiras ás filigranas da fachada de estilo barroco. Cada detalle conta a hora de recrear esta igrexa de San Pedro de Moreiras. Xunto a ela a torre do Olivar de Puga ou a área recreativa das Xestosa.

Cincuenta metros cadrados de nacemento onde as edificacións hebreas ou exipcias conviven con escenas tradicionais ou monumento galegos replicados en porexpán.  

Emilio Cid, o seu creador, conta con outro belén en Vilanova dos Infantes. Leva anos dedicado a esta tradición que está perdendo protagonismo, di, por mor das luces de Nadal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade