Cargando resultados...
Manuel Cabezas, concelleiro do PP en Ourense, non marcha
Manuel Cabezas, concelleiro do PP en Ourense, non marcha
O edil anunciara a súa renuncia
Confirmou a súa continuidade o tamén concelleiro popular Jorge Pumar
G24.gal
22/06/2023 20:06
Última actualización 22/06/2023 20:26
Manuel Cabezas, o candidato do PP por Ourense nas eleccións municipais, non marcha. Aínda que anunciara a súa dimisión, Cabezas vai seguir no Concello.
Confirmouno Jorge Pumar, o coordinador do grupo popular, no primeiro pleno municipal e ao que non asistiu Cabezas, dixo, por un "problema de axenda".
Con todo, non será o voceiro. O cargo vaino asumir a concelleira Inmaculada Moreiras.