Publicador de contidos
Publicador de contidos

Maquillaxes, peiteados e barbeados de balde na rúa por un convenio digno

Maquillaxes, peiteados e barbeados de balde na rúa por un convenio digno

Empregados do sector reclaman melloras, sobre todo no aspecto retributivo, xa que denuncian que "estamos co salario mínimo interprofesional todos os traballadores"

G24.gal 29/06/2023 14:41

Protesta dos traballadores dos salóns de peiteado e beleza. Sacaron as súas brochas, peites e tesoiras á rúa. E traballaron de balde para reclamar un convenio digno. 

Maquillaron, peitearon, cortaron o pelo e arranxaron barbas. Cliente tras cliente quixeron poñer en valor o seu traballo en plena rúa Barcelona da Coruña. 

Maite Lois é esteticista. Explica que "a principal reivindicación é a fenda salarial que temos. Estamos co salario mínimo interprofesional todos os traballadores. Absolutamente todos. Desde a persoa que lava a cabeza ata o profesional que realiza un traballo máis técnico".

Adolfo Naya, secretario de Negociación Colectiva CIG-Servizos engade que "estamos reclamando que se volva sentar a patronal e intentar chegar un acordo para obter un convenio digno".

A negociación dese convenio está parada. Entre as súas reivindicacións, regular horarios, horas extras e o traballo en festivos. E o recoñecemento da formación.

"Hoxe en día quen queira traballar no noso sector ten que ter como mínimo un grao medio e en estética, por exemplo, un grao superior", di Maite.

Con este improvisado salón de peiteado visibilizaron un problema "como clientas e usuarias deberíamos saber o que hai detrás", comentaban sorprendidos na rúa que calculan afecta en Galicia a preto de seis empregados e empregadas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade