Marcha de 400 quilómetros para homenaxear a Rodrigo López de Quiroga, un militar do século XVII
Marcha de 400 quilómetros para homenaxear a Rodrigo López de Quiroga, un militar do século XVII
Ofrenda en Pantón a Rodrigo López de Quiroga, mestre de campo do Terzo de Savoia
Medio cento de integrantes dun rexemento do Exército de Terra realizaron unha marcha para homenaxear a Rodrigo López de Quiroga. Trátase dun militar que fora mestre de campo do antigo Terzo de Saboia, antecedente do actual rexemento, e que dende o século XVII xace na igrexa de San Fiz de Cangas, en Pantón.
Manuel Reyes, coronel do Exército de Terra: "Ese nome inspirou un tipo de marchas de liderado e endurecemento que se fan anualmente para emulalo. Son rotacións de 100 quilómetros con 20 quilos de equipo en 50 horas".
Unha vez chegaron a San Fiz de Cangas, os participantes na marcha realizaron unha ofrenda. O acto consistiu en renderlles honores ao mestre de campo e a outros militares cuxos restos descansan no mesmo lugar.
Manuel Reyes, coronel do Exército de Terra: "O acto é unha cerimonia sinxela, como facemos os militares. Neste cemiterio hai enterrados soldados e sarxentos do Terzo de Savoia nun osario conxunto e está o sepulcro de Rodrigo López de Quiroga, polo que é un sitio idóneo para facerlles unha homenaxe aos caídos, en especial aos desa época".
En total, os participantes na marcha percorreron máis de 400 quilómetros entre Salamanca e Pantón.