Marcha na Coruña contra as restricións sanitarias por mor da pandemia
Marcha na Coruña contra as restricións sanitarias por mor da pandemia
Denuncian a vulneración sistemática de dereitos fundamentais
A Coruña foi escenario esta tarde dunha manifestación contra as restricións sanitarias do Goberno e da Xunta, como o uso da máscara ou a esixencia de presentar o certificado de vacinación. Foi convocada por tres asociacións: A Reconquista, Eleuteria e a Asociación Europea contra a Corrupción.
A mobilización comezou cunha concentración diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na que os asistentes denunciaron que se están a vulnerar de xeito sistemático os dereitos fundamentais e esixiron recuperar a súa liberdade.
Durante a marcha, camiñaron tras unha pancanta co lema "Ata aquí chegamos" e exhibiron letreiros censurando a vacinación contra a covid-19. A marcha rematou na praza de María Pita.