Marchas do 8-M por toda España
Marchas do 8-M por toda España
Milleiros de persoas reivindican na rúa os dereitos das mulleres
Milleiros de persoas, en todas as grandes cidades españolas, sumáronse ás marchas convocadas para reivindicar os dereitos das mulleres.
Entre 3.000 e 5.000 persoas participaron na manifestación de Madrid convocada polo Movemento Feminista para reivindicar a abolición da prostitución e amosar o seu rexeitamento a unha lei trans que permita o libre cambio de sexo no rexistro.
Tamén se convocaron por toda Cataluña. A de Barcelona foi das primeiras en comezar, e recuperou este ano, o espírito festeiro tras a parada provocada pola pandemia.
A pesar da división nalgunhas das reivindicacións, en Valencia o movemento feminista manifestouse unido, cunha única convocatoria. As pancartas claman contra a violencia machista e a lei trans.