Publicador de contidos
Publicador de contidos

María Guardiola, co apoio de Vox, convértese na primeira presidenta de Estremadura

María Guardiola, co apoio de Vox, convértese na primeira presidenta de Estremadura

A popular sumou os 28 votos dos deputados do seu partido e cinco da formación de ultradereita

María Guardiola tras ser elixida presdienta de Estremadura no Parlamento rexional (EFE/Jero Morales)
G24.gal 14/07/2023 13:48 Última actualización 14/07/2023 15:02

María Guardiola, do PP, converteuse este venres na primeira muller que presidirá a Xunta de Estremadura e tamén un goberno de coalición na rexión tras ser elixida co apoio dos 33 deputados do bloque da dereita: PP e Vox.

Co apoio dos 28 deputados do seu partido e dos cinco da formación de ultradereita, que xuntos suman un escano máis que o bloque da esquerda, foi elixida no pleno de investidura do Parlamento rexional.

Será tamén a primeira cacereña que estará á fronte do Executivo autonómico, ata o de agora presidido por pacenses, e aspira a dirixir con "seriedade, estabilidade e lealdade" durante os próximos catro anos, algo que Vox lle garantiu outorgándolle un "voto de confianza". 

Vox ostentará a consellería de Xestión Forestal e Mundo Rural no novo executivo autonómico, e Guardiola asumirá directamente as competencias de igualdade.

A nova presidenta defendeu o pacto para lograr un cambio político en Estremadura. "Non supón ningunha ameaza aos dereitos dos estremeños, nin na defensa das mulleres, nin se dá un paso atrás na liberdade das persoas LGTBI nin se nega a violencia machista. Deixen de envolverse nesa pancarta apocalíptica".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade