Cargando resultados...
Maria Luísa de Borbón, unha infanta compositora
Publícanse as 4 Sinfonías de Luísa de Borbón interpretadas pola Real Filharmonía de Galicia baixo a dirección de José Luís Temes
Estas sinfonías permaneceron 200 anos esquecidas na biblioteca do Palacio da Pilotta en Parma un grupo de estudosos españois rescatáronas
G24.gal
14/02/2025 14:42
Última actualización 14/02/2025 16:20
Un disco da Real Filharmonía de Galicia rescata as Catro sinfonías da infanta María Luísa de Borbón, filla de Carlos IV.
Ademais de protagonizar unha azarosa vida, a que foi raíña de Etruria era tamén unha consumada compositora e mecenas das artes. Dous séculos despois a súa música revive grazas á orquestra galega dirixida por José Luis Temes.