Publicador de contidos
Publicador de contidos

Marín conta cun novo aparcadoiro disuasorio gratuíto

Marín conta cun novo aparcadoiro disuasorio gratuíto

O aparcadoiro conta con 83 prazas, tres son para persoas con mobilidade reducida, e tamén dispón de varios puntos de recarga para vehículos eléctricos

Con estas son máis de 670 as prazas de aparcadoiros disuasorios habilitadas pola Xunta

G24.gal 31/07/2024 14:04

Marín conta desde hoxe cun novo aparcadoiro disuasorio gratuíto para facilitar a mobilidade dos que veñen á vila. Está próxima a variante, e a súa función é que os usuarios deixen aquí os seus vehículos e usen o transporte público. Hai liñas directas desde este punto.

O aparcadoiro conta con 83 prazas, tres son para persoas con mobilidade reducida, e tamén dispón de varios puntos de recarga para vehículos eléctricos. Con estas son máis de 670 as prazas de aparcadoiros disuasorios habilitadas pola Xunta.

"O que buscamos é fomentar a mobilidade sostible, unha mobilidade sostible que ten máis eixes, non son só as paradas ou aparcadoiros disuasorios senón que tamén é o fomento do transporte público, onde cada vez poñemos máis liñas, máis paradas, máis descontos", explicou o conselleiro de Presidencia, Diego Calvo, durante a apertura dos novos aparcadoiros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade