Mario Cantero: "Teño confianza plena, crecemos ante estes rivais"
Mario Cantero: "Teño confianza plena, crecemos ante estes rivais"
O Celta C Gran Peña comeza o domingo a loita polo ascenso ante un Salamanca favorito
Sen ningunha presión, pero coa máxima reivindicación, así afronta o equipo do Celta C Gran Peña a última eliminatoria da fase de ascenso a Segunda Federación. Pase o que pase, serán os dous últimos partidos do club de Lavadores baixo o paraugas do Celta, pero o equipo ten claro que o play off é todo un escaparate para o seu futuro e, unha vez superado o duelo da ruptura, recuperaron o seu mellor nivel para deixar na cuneta á Sarriá e á UDE Ourense.
Agora tócalle o Salamanca UDS, o conxunto que quedou co Helmántico cando a desaparición do histórico conxunto charro partiu en dous ao fútbol salmantino. Mario Cantero é optimista
"Gústanos o Salamanca, un club histórico. A volta é nun campo perfecto".
"Teño confianza plena. Fomos de menos a máis. Crecemos ante estes rivais".
Xa saben que o rival aposta por un 4-4-2 e que conta con dous dianteiros de referencia moi altos, un test que superaron ante o Bergantiños.