Cargando resultados...
Mattarella non acepta a dimisión de Draghi e mándao ao Parlamento a verificar os seus apoios
Mattarella non acepta a dimisión de Draghi e mándao ao Parlamento a verificar os seus apoios
G24.gal
14/07/2022 19:02
Última actualización 14/07/2022 21:44
O presidente da República italiana Sergio Mattarella non aceptou hoxe a dimisión do primeiro ministro Mario Draghi e encargoulle presentarse ante o Parlamento para verificar se segue contando cunha maioría para gobernar.
Draghi acudiu ante Mattarella para presentar a súa dimisión despois de que un dos principais socios da súa coalición de unidade nacional, o Movemento Cinco Estrelas, non o apoiase nunha moción de confianza na Cámara Alta.