Cargando resultados...
Marlaska di que a "transparencia é plena" na véspera de que os deputados vexan os vídeos de Melilla
Marlaska di que a "transparencia é plena" na véspera de que os deputados vexan os vídeos de Melilla
Os voceiros dos grupos na Comisión de Interior visionarán as imaxes no Congreso
G24.gal
24/11/2022 15:16
Os vídeos da traxedia de Melilla serán visionados este venres a porta pechada polos voceiros dos grupos na Comisión de Interior. Será no Congreso e non na sede do Ministerio do Interior, como propuña inicialmente Fernando Grande-Marlaska, que defende a transparencia do seu departamento.
"Sobre o sitio nunca houbo ningún problema. Dende o primeiro momento os vídeos están a disposición dos deputados para velos, faltaría máis. A transparencia é plena", asegurou o ministro.