Publicador de contidos
Publicador de contidos

Marlaska di que non hai "nada oculto" tras a dimisión da Directora Xeral da Garda Civil

Marlaska di que non hai "nada oculto" tras a dimisión da Directora Xeral da Garda Civil

O ministro do Interior comparece no Congreso para dar explicacións polo caso Cuarteis

G24.gal 27/03/2023 14:47

Vestida xa cunha parte do uniforme regulamentario, Mercedes González daba a benvida aos novos axentes da Garda Civil do sector de Tráfico de Madrid. Faino no último acto como delegada do Goberno na capital. Mañá será nomeada oficialmente nova directora xeral da Garda Civil polo Consello de Ministros.

"Voume con sensación agridoce pola saída da directora xeral da Garda Civil, pero moi orgullosa o traballo realizado nestes dous anos", asegurou González, que substitúe a María Gámez, quen dimitiu do seu cargo tras a imputación do seu home nunha das pezas dos ERE e despois de que sairán á luz os casos Mediador e Cuarteis.

Esta tarde o ministro do Interior comparecerá no Congreso para dar explicacións sobre os supostos amaños de obras en 13 comandancias da Garda Civil que investiga un xulgado de Madrid. Fernando Grande-Marlaska nega calquera relación entre estes casos e a marcha de María Gámez.

"Deixemos que se desenvolva a investigación como procede por parte da autoridade xudicial. A actuación da directora da Garda Civil presentando a súa dimisión está nuns niveis de responsabilidade democrática e de dignidade tamén democrática", di o ministro.

O PP pedira unha comisión de investigación polo chamado caso Mediador. Finalmente un acordo entre o PSOE, ERC e EH-Bildu evitou a formación dunha comisión no Congreso dos Deputados pero si nas comisións específicas de Interior e de calidade democrática.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade